Crónica de Chuches Amil na Ínsua dos Poetas, A Esgueva (Madarnás, Ourense)
Un singular parque dedicado á palabra e á literatura galegas, un monte onde as esculturas e os monumentos consagrados a grandes poetas gaña terreo á lama e aos toxos e silvas, debuxando unha contorna espléndida que medra cada ano a prol dunha nova figura senlleira.
O seu feliz deseñador é o poeta Luís González Tosar, quen donou unha herdanza do seu pai para que fose propiedade pública e lugar de recreo para honrar a creatividade da nosa fala.
Aquí temos pousando ledos a Fran Amil e Fernando Román no espello que anuncia o magosto. Canta xente entrou no outro lado do espello atopou unha Ínsua dos Poetas na que se podía conversar con figuras senlleiras da nosa literatura, ao tempo que se debullaban castañas asadas. Mimá, que delicia dobremente gorentosa!!
Neste sobranceiro espazo, diciamos, tivo lugar un impresionante e rumboso magosto no que houbo chourizos, pan, castañas asadas, bicas e bebidas a tutiplén. Houbo tamén unha chea de xogos para que a rapazada gozase da tarde, e mesmo un poni para darlle unhas voltas a tan fermosa paraxe. Na foto de Grupo de Especialistas Hípica Celta vemos os hinchables.
Houbo unha riada de xente ao longo da tarde-noite, un poder de convocatoria extraordinario que Chuches Amil, coa banda ao completo, soubo aproveitar para levar a festa a unha altura de calor que logo prolongou a cacharela, como testemuña a foto de Grupo de Especialistas Hípica Celta.
Fran Amil subíu ao escenario só, e foi presentando os diferentes instrumentos e falando de cadansúa familia: a corda, o vento, a percusión, e axiña colleu a guitarra acústica e xuntoulle outros dous fenomenais instrumentos, a súa propia voz e o baixo tocado polo anxo Antón Torroncho, para cantar “Pequerrecho melenudo”. Un arranque insólito pero moi ben recibido.
Axiña apareceron no escenario Martín Aparicio para tocar a batería (un mozo que fixo o seu prometedor debut con nós neste magosto) e Plácido García esvarando os dedos pola guitarra eléctrica coa súa habitual mestría. Enfiaron un rock and roll bravo, “Os porcos das fragas do Eume”, que axitaron os corpos e os pés de todos os presentes.
Na terceira canción incorporouse outra peza do monstro-orquestra que configura o conxunto de Chuches Amil: Fernando Román tocando o saxofón, o clarinete e a trompeta, precisamente nese monumento de canción que é “O monstro orquestra”.
Que marabilla escoitar á banda ao completo, que xeito de recrear as cancións xa coñecidas e convertelas en algo novo e ao tempo recoñecible.
A tarde pasou nun suspiro, e rematou a actuación co himno da rapazada: “O porvir é meu”. O porvir pinta moi ben con festas, espazos e público tan sensacional como o do magosto vivido na Ínsua dos Poetas. Hai que repetilo!!!
Grazas a Luís González Tosar e, moi especialmente, a Valentín García Gómez por apoiarnos neste día.
Nas novas da televisión de Carballiño, Badal, hai unha entrevista con Fran Amil, que vai dende o minuto 2:12: ao 3:30. E nos 15 minutos que dura a nova atoparedes as impresións de moita xente que por a Ínsua dos Poetas gozou a eito.
Aviso Legal
DATOS IDENTIFICATIVOS
chuchesamil.com é un proxecto creado, producido e promovido por Francisco Amil Serantes DNI 34892575B.
POLÍTICA DE COOKIES
Francisco Amil Serantes comunica aos usuarios, a través deste aviso, que poderá utilizar cookies cando o usuario navega polas diferentes pantallas e páxinas do sitio web co obxecto de recoñecer os usuarios rexistrados nas súas diferentes visitas ao sitio web, e poder ofrecerlles un mellor servizo. A cookie é un pequeno arquivo de texto que o servidor pode gardar no disco duro dun equipo para almacenar algún tipo de información sobre o Usuario. A cookie só pode ser lida polo sitio web que a enviou ao equipo. Non é un arquivo executable nin pode propagar nin conter un virus. Francisco Amil Serantes utiliza estes datos coa fin única de mellorar os seus servizos. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu ordenador, e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario. Non obstante, a este respecto o usuario poderá controlar o nivel de seguridade do seu equipo mediante a opción correspondente que teña o seu programa navegador.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
De acordo co establecido na [Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal]1, informa aos usuarios do seu sitio web, da existencia de arquivos onde se almacenan os datos que se recaban a través dos formularios desta páxina. Con esta información, o usuario autoriza expresamente a Francisco Amil Serantes, ao arquivo deses datos persoais subministrados voluntariamente. Os arquivos son responsabilidade de Francisco Amil Serantes, que se compromete a non ceder, vender, nin compartir os datos persoais en beneficio de terceiros alleos á Chuches Amil; así como a adoptar as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos, evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Sen embargo, Francisco Amil Serantes, non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade de Internet e polo tanto a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros. O titular dos datos é o único responsable da cumprimentación dos formularios con datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados. Os usuarios que teñan cuberto cos seus datos calquera dos formularios do sitio web de Chuches Amil, poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición; enviando un correo electrónico ao enderezo chuchesamil@gmail.com 4/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico]2, informamos que os enderezos de correo electrónico poderán ser utilizados para o envío de información da nosa organización. Se non desexa recibir información pode comunicalo enviando un correo electrónico ao enderezo chuchesamil@gmail.com
LIGAZÓNS
A páxina de chuchesamil.com proporciona ligazóns a outros contidos que son propiedade de terceiros. Co único obxecto de proporcionar ao usuario a posibilidade de completar a información a través dos mesmos. Francisco Amil Serantes, non se responsabiliza en ningún caso dos resultados que poidan derivarse ao usuario polo acceso ás devanditas ligazóns, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nos mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), os documentos ou os arquivos do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao Usuario por este motivo.
MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIONES
Francisco Amil Serantes, resérvase o dereito de modificar a súa Política de Protección de Datos de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Calquera modificación da devandita Política será publicada no sitio web.