Ola! son Chuches Amil

Chuches Amil é un proxecto musical adicado a toda a familia cun aceno contemporáneo e na nosa fala. Un tesouro musical con vocación de permanencia no tempo e na memoria. E queremos utilizar esta páxina para contarlle as nosas cousas a nosxs seguidorxs, e que nosxs seguidorxs nos conten as súas cousas
No blog de Ler Conta Moito relatan como o pasaron no concerto de Chuches Amil
Ler máisNo “Fugas” de La Voz de Galicia do venres 17 de decembro de 2021, Carlos Crespo fai un pertinente percorrido polo estado actual da música para a xente miúda.
Ler máisTemos un mes de decembro cargado de concertos e boa música, para percorrer a nosa profundamente fermosa Galicia.
Ler máisNesta guía amosamos como sacar partido ás moitas seccións da páxina de Chuches Amil, para xogar e cantar coas crianzas: cancións, contos, banda deseñada, ilustracións para empregar como fondos de pantalla de diferentes dispositivos, debuxos para colorar… Minutos e minutos de sa e didáctica diversión. Anímense a descubrir todas estas marabillas!!!
Ler máisO 14 de novembro de 2021 celebrouse unha festa espectacular no asombroso espazo coñecido como Ínsua dos Poetas. Chuches Amil participou coa banda ao completo. Se tedes curiosidade por saber o que pasou, seguide lendo.
Ler máisOs Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas ao Vivo, veñen de propoñernos como finalistas na categoría de Música Infantil.
Ler máisConfiamos en que este curso 2021-22 sexa o do despegue definitivo, que nos permita afastar a COVID-19 e os confinamentos asociados a ela, e que poidamos por fin relacionármonos c@s nos@s amig@s e familia sen tantas precaucións.
Ler máisO 3 de setembro de 2021, na recolecta Praza das Árbores de Cuntis (Pontevedra), tivemos unha festeira e diríamos que íntima actuación a unha hora serodia: ás 20:00. Serodia para os horarios aos que estamos acostumados a participar dentro das actividades de Ler Conta Moito.
Ler máisEste fin de curso vivimos unha das experiencias máis gratificantes da nosa xa longa traxectoria de concertos. Moito lle temos que agradecer á Anpa Catro Camiños do CEIP Unión Mugardesa por convidarnos a celebrar o fin de curso no seu colexio.
Ler máisChuches Amil engade Este robot é unha máquina, e achega unha nova amosega á súa colección de videoclips tirados do concerto de nadal 2020.
Ler máisPreme no botón de subscripción e recibirás un comunicado mensual coas novas relacionadas coa páxina do teu artista favorito. Poderás optar a unha chea de agasallos.
Cada semana sortearemos cd-singles entre os subscriptores. E unha vez ao mes sortearemos cd-libros, orixinais de ilustracións, camisetas, etc. do teu artista favorito.
Rápidx coma unha centella, preme no botón e gañarás premios e estarás ao día de calquera nova relacionada co músico máis prometedor da escena musical do país. A proba tédela en que ademais de prometer boa música, prometemos agasallos. E somos de palabra.
Subscríbete!!!Isto escribiron no blog de Ler Conta Moito sobre a nosa actuación.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.