Novas de ultimísima hora: Chuches Amil dará o seu concerto eléctrico no concello de Rodeiro o 23 de xullo de 2026, ás 20:00 horas. Será, finalmente, no Anpafest 2026, que terá lugar na Avenida Gumersindo Areán. Será unha festa en homenaxe á comunidade educativa do concello pontevedrés de Rodeiro. Haberá xogos e actividades infantís (cun inchable xigante); música e animación; comida e bebidas; espazo de convivencia para toda a familiar. Organiza a ANPA Xulio Lois, xunto con concello e o Agadic.
A entrada é libre e aberta a toda a veciñanza. Cun concerto de Chuches Amil eléctrico cheo de boas cancións, moito ritmo e todo o agarimo que enchoupa o repertorio do proxecto de Fran Amil para disfrutar en familia.
Esperámosvos. Haberá algún agasallo. Seguro.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.