Relatos

A auga, patos

Hoxe queremos contarvos unha anécdota que aconteceu na actuación de Chuches Amil no CEIP San Xoán de Filgueira, na bisbarra de Ferrol.

Un chisco antes de comezar a actuación falamos con Marián, a directora do colexio, e esta contounos que cando levan á rapazada á piscina fano mentres soa polos altofalantes o divertido blues “Á auga, patos” do disco “Monstros. Con ou sen consentimento”.

Así, o alumnado deste traballado colexio nadan ao ritmo do retrouso “á auga patos, cuá, cuá”.

Fíxonos moita ilusión coñecer esta anécdota, e hoxe queremola compartir con tod@s vós.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto