Relatos

Debuxo: Unai Miguel Debuxo: Unai Miguel

A molleira

Pasou en Ferrol, na Fundación Artabria, nunha tardiña de treboada.

Ao baixar do coche, o ceo descargou a auga toda do Océano Atlántico sobre as nosas cabeciñas.

Collimos tal molleira, e Fran tusía tanto, que estivemos a piques de cancelar a actuación. Pero a profesionalidade de Fran gañou a partida e o concerto comezou puntualmente.

E foi principiar a fermosa cantiga “Todos no mar” que Fran enmudeceu. A ronqueira xa lle fora comendo terreo no mantra “Non vale parar”, pero agora enmudeceu de vez. E cando pensabamos que non quedaba outra que suspender a actuación, subíu ao escenario unha nena moi arrichada e cantou ela soíña toda a canción.

A seguinte canción, “Este robot é unha máquina”, foi a quenda de dous irmanciñxs. El cantaba unha estrofa, ela outra, e o público todo coreaba o retrouso.

Foi moi emocionante. Fran recuperou a voz, e puido seguir cantando. E ata o remate do concerto, nenos e nenas animáronse e subiron ao escenario acanda Fran para cantar tódalas cancións con el.

Non hai océano que poida coa ledicia da música de Chuches Amil nin co empurre dxs siareirxs de seu.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto