A nena espello
A anédota de hoxe aconteceu no concerto de Chuches Amil no auditorio do Centro Cívico de Meicende (no coruñés concello de Arteixo), en marzo de 2019.
Unha rapariga de seis ou sete anos botou os pés a bailar na primeira peza e non parou de bailar ata chegares á súa casa.
Na terceira ou cuarta canción, a nena sacou a bailar a un neno da súa idade, e presentóunolo como o seu noivo. O neno era tímido de máis e non durou bailando alén de dúas pezas, porque tódolos ollos estaban pendentes deles.
Xa sen parella a quen lle marcar os pasos, a nena colleu de parella… ¡ao propio Chuches Amil!
A nena comezou a imitar tódolos acenos e pasos de Fran polo escenario. A cativa revelouse un espello instántaneo, de tal xeito sincronizaba os seus movementos cos do cantante.
Por momentos como este paga a pena adicarse á música.
Sede felices e bailar todo o que vos pete. Se é coa música de Chuches Amil, mellor.