Relatos

Debuxo: Unai Miguel Debuxo: Unai Miguel

A nena que levitou

Pasou no Festival de la Luz, en Boimorto. O que vos imos contar quizais tivo que ver co momento en que empezou o concerto, pois foi á hora meiga.

Chuches Amil arrancou con Un conto ao revés, e a asistencia ao concerto botou a bailar. Na metade da canción comezamos a escoitar murmurios e, axiña, exclamacións de abraio. A xente arremuiñouse arredor dun fato de raparigas. Abrínme paso para ver que pasaba, e eu mesmo vinme sorprendido ceibando un berro de abraio da miña gorxa: unha nena bailaba levitando. O que ledes, miñas e meus. Os pés da moza non tocaban o chan mentres bailaba, e segundo avanzaba a canción, a rapariga levitaba máis alto.

Un matrimonio mozo, que se identificou como os proxenitores da nena, achegáronse a ela, e espetaron un pau no chan. Despois, con pachorra, ataron o extremo dunha corda ao nocello da nena, e aseguraron o outro extremo no pau.

Deste sorprendente xeito, a nena puido bailar todo o concerto sen medo a perderse entre as nubes.

Lembrade, estas cousas só pasan nos concertos de Chuches Amil.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto