Relatos

Debuxo: Fran Amil Debuxo: Fran Amil

A orella de Fran Amil

Hoxe quérovos contar un sucedido que non sei se pasou ou non, pero que foi real. E se non o fose, merecería selo.

O noso inimitable Fran Amil tiña nove anos cando lle pasou o sucedido, e un ouvido privilexiado, concretamente o da orella dereita. A orella esquerda recollía as ondas das conversas normais e as tolerías que a xente ceibaba, e mandábaas ao ouvido esquerdo. A orella dereita só acubillaba as ondas das impresións positivas, e alimentaba con elas ao ouvido dereito.

Pero un día, aos poucos de cumplir os nove anos, sucedeu que pasou unha xornada enteira na que Fran só puido escoitar o que recollía a orella esquerda. Á mañá seguinte acordou cunha forte dor no ouvido esquerdo. Fran foi ao médico, pero este non soubo arranxar o problema. Cando Fran volveu a casa, co ouvido esquerdo doendo máis ca nunca, resultou que o seu irmán Carlos estaba escoitando o disco dos Beatles “Abbey Road”. As ondas da música abríronse paso pola orella esquerda de Fran, e o noso cantante favorito soubo que acababa de atopar o remedio para sempre.

Dende aquela, Fran nunca deixou de escoitar música tódolos días.

Se algún de vós ten o mesmo problema, xa sabe como solucionalo. Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto