Relatos

Debuxo: Anxo Padín Debuxo: Anxo Padín

Festa dos manequíns

Hai concertos nos que antes de que soe a primeira nota xa a xente está a bailar. E hai concertos nos que te ves na obriga de contratar animadores para axudar a que os presentes ceiben un pé diante do outro.

E tamén hai concertos como o que dimos en Xuvia, un barrio do concello de Narón.

Mentres os pipas descargaban os trebellos, xa había persoas acantonadas para reservar sitio. Recendían a ganas de festa, pois ao que alguén asubiaba, moitxs gastaban pista.

Cando arrancou o concerto non dabamos creto: o grupo arreaba forte, pero ninguén se movía un centímetro do espazo que ocupaba.

Na segunda canción, Fran Amil baixou do estrado e moveu o esquelete ao tempo que cantaba, zigzagueando entre o público. E nada non ocorreu tampouco.

Fran, amolado, volveu ao estrado, e mesmo pasoulle pola cabeciña parar o concerto e marchar fracasado ao que rematase a terceira canción.

E de súpeto pasou. A xente chegou ás cheas e, para o noso abraio, os recén chegados ceibaron no público asistente ata ese intre unha válvula á altura da gorxa, e desinfláronse todos. Os recén chegados achicaron, dobraron e recolleron o que resultaron ser uns bonecos!

O promotor do concerto achegóuseme ao ver o desconcerto na miña cara, e contoume que alí todos ceaban puntualmente ás oito e media da tarde. O concerto estaba disposto para as nove e nós, ocupados en montar o estrado e facer as probas de son, non nos decatamos no momento en que os manequíns suplantarón á xente real.

¡Asombroso o aire cuspidiño que os bonecos manequíns gastaban coa xente real!

Ao rematar o concerto, agasalláronnos cunha réplica do grupo. Semellan tan reais que poida que os mande a tocar no vindeiro concerto, se os compoñentes do grupo non aceptan rebaixar o seu soldo.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto