Relatos

Debuxo: Anxo Padín Debuxo: Anxo Padín

Música de vento

Pasou no coruñés Parque de Eirís. Un concerto ao aire libre en setembro presta sempre, e para a ocasión tiñamos un convidado especial a tocar os ventos.

Como ben sabedes, tódolos músicos de instrumentos de vento tocan ollando as partituras coas notas musicais ben debuxadas, e este noso convidado non ía ser menos.

Así que arrincou o concerto e o músico convidado tocaba segundo as partituras lle indicaban. As partituras estaban postas nun atril metálico moi fino, sen enganche nengún para poder pasar de folla con facilidade.

De súpeto, acordou o vento, o de verdade, e levou polo aire as partituras.

O músico convidado era moi bo instrumentista, pero tamén era de ir polo rego, e sen partitura negouse a tocar.

E sucedeu.

Cando empezamos a tocar a seguinte canción, unha vez que o músico convidado baixou do estrado, os paxaros trilaron lendo as partituras que o vento sostiña no aire.

Nunca tan ben soaron as cancións de Chuches Amil. Mágoa que o técnico de son esqueceu darlle ao botón Rec da mesa de mesturas, e non ficou gravada marabilla tal.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto