Relatos

Ilustración: Carlos Amil Ilustración: Carlos Amil

O frautista de Amilín

Sucedeu na Casa da Cultura de Neda, concello da comarca de Ferrol. Chuches Amil agasallaba cunha divertida actuación musical a un pobo afeito á tradición musical xa dende os séculos XIII ou XIV coa aparición do trobador Fernando Esquío.

Contra a metade do concerto apareceu alporizado un monitor dun campamento infantil ubicado nunha granxa-escola cercana. O monitor pedíu axuda aos presentes para saíres na procura de dous rillotes que desapareceran sen deixar pegada. Había tres horas que tiñan que ter recollido o campamento para, precisamente, acudir ao concerto de Chuches Amil antes de regresar cada quen para a súa casiña.

Fran achegouse ao frautista, díxolle algo ao ouvido, e o frautista tocou Un conto ao revés. E pasou.

Atraídos polas notas da frauta, apareceron os dous rapaces.

Resulta que, xogando ás agachadas, acubilláronse nunha cova ateigada de ar quente e unhas fermosas plantas de flores con moito recendo. Ulindo as flores entroulles modorra e caeron durmidos ata que a música da frauta chamou por eles. Acordaron pensando que levaban cinco minutos durmidos, e non saían do seu abraio cando lles explicamos o tempo que durmiron en realidade.

O poder atraente da música non ten límites, meus e miñas. E se falamos da música de Chuches Amil, o conto non remata nunca.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto