Relatos

Debuxo: Rebeca González Debuxo: Rebeca González

Tolemia estacional

Se non fose testemuña deste fenómeno que vos hei contar, recoñezo que me costaría moito acreditar en tal. Pasou na Libraría Sisargas, en A Coruña, en pleno verán.

Facía unha calor abafante, a pesares do aire frío que xeraba un abano xigante pendurado do teito.

Cando Chuches Amil cantou Noite de Samaín, cambiou de súpeto a temperatura, e baixou unha friaxe propia de novembro… ¡en pleno agosto! Con Xa chegou o verán, a seguinte canción, volveu a calor. A pesares do todo, a xente non deixaba de bailar.

Tres cancións máis tarde, Chuches Amil cantou Merry Christmas, peludos. ¡E púxose a nevar! Caían as folerpas na cabeciña da xente, e ao pouco semellabamos todos velliños de pelo branco.

Máis de un dos asistentes teimaron na procura da máquina de neve, pero asegúrovos que non tiñamos efecto especial ningún preparado, e que todo foi espontáneo. A natureza de seu propiciou semellante fenómeno.

A conclusión que eu tiro é de que a Natureza gosta da música de Chuches Amil, e celébraa de tal xeito que se sincroniza acanda ela para cambiar o seu comportamento estacional, segundo a estación reflectida na canción. Outra explicación non atopo.

Chuches Amil, música fenomenal ou fenómeno musical? Vós diredes.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto