Relatos

Debuxo: Fran Amil Debuxo: Fran Amil

Unha lona enmascarada

Pasou na Praza de María Pita, en A Coruña, no ocaso do tempo da Era da Pandemia Confinante. Amenceu o día toldado, e semellaba que tiña intención de chover a cachón. A mañá espreguizouse cun chisco de orballo, e un algo de sol loitando por abrirse paso entre o exército de nubes negras.

Pola tarde, cando chegamos á praza para facer as probas de son, o clima deunos un respiro. Iso foi o que fixemos: respirar fondo dentro da nosa máscara protectora contra a Covid 19.

Cando comezou o concerto a praza estaba ateigada de xente coa arela de pasalo ben. Na terceira canción comezou a chuviscar. Na cuarta, a choiva miúda mudou de billa e colleu de anfitrioa unha nube grande e escura coma o carbón, cheíña de malas intencións. Chovía a todo chover. E sucedeu.

A xente toda respirou con forza, e de cada asistente ergueu o voo unha copia da máscara que cada quen portaba.

Tódalas máscaras xuntáronse á altura da azotea do pazo de María Pita, e formaron unha lona impermeable que nos permitiu gozares dun concerto húmido e bailongo, sen mollármonos unha soa pinga.

A máxica música de Chuches Amil ceiba solucións meigas e insospeitadas. Chuches Amil, música con vida. Música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto