Colaboradores

Foto: Jaime Massieu Foto: Jaime Massieu

Ángeles Dorrio

Ángeles Dorrio é posuidora dunha voz moi poderosa. Con moitas cores e un calor intenso.

Dominadora das técnicas do jazz, o soul, o canto moderno e fermoso. Polo seu repertorio ecoan as voces de Aretha Franklin, Stevie Wonder ou divas do jazz e new-soul.

Ángeles alimenta coa súa voz o coro de extraordinarias voces (ás que temos que engadir as de Carmen Rey e Sara Vázquez) que agacha coma un tesouro o noso disco do ano 2018 “Monstros. Con ou sen consentimento”. E acanda Carmen Rey, revoluciona a nova quenda de cancións que vén de gravar Chuches Amil neste mes de setembro de 2022, e que iremos coñecendo aos poucos en distintos singles ou eps.

Ángeles está implicada en varios proxectos músicais: o coro feminino Sisters in the House; Ejazz, un cuarteto de jazz e músicas modernas; e a súa propia formación: Dorrio’s Background. Ademáis, é mestra de canto. Moi recomendable.

Do ano 2013 é o seu primeiro cd como solista e compositora, titulado Ten soul.

Co cuarteto vocal Ejazz (xunto á nosa colaboradora, a grande Carmen Rey), deixamos aquí un petisco dunha actuación no ano 2020.

No ano 2021 lanzou un extraordinario ep titulado “Selegna” do que destacamos o poderoso tema Terra de muller.

Se queredes saber un chisco máis desta gran dama da canción botade unha ollada no seguinte enlace.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto