Colaboradores

Foto: Sheila Fernandes Foto: Sheila Fernandes

Antón Díaz

Baixista

Chuches Amil ten a honra de contar entre os seus colaboradores con todo un clásico do bravú e do rock galego en xeral. Os seus virtuosos dedos ritmaron o baixo no disco libro Un conto ao revés, capitaneando a sección rítmica.

De gran versatilidade, Antón Díaz o mesmo chucha no jazz frenético como no vertixinoso funk-folk, para aterrar no punkismo disco-ska máis sorprendente. A súa pegada marca escola en grupos que foron influenciados por algunhas das formacións que alimentou coa súa sabedoría, bandas míticas como Os Papaqueixos, A Turma Angologalaica de Alberto Mbundi, Tres Trebóns, Ulträqäns, Banda Fura Fura, Ondas Martenot, Banda Xangai, e outras tantas que poidades atopar de nome tan contundente e orixinal como as aquí expostas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto