Colaboradores

Foto: Cris Andina Foto: Cris Andina

Carmen Rey

Ela é a mestra do jazz en Galicia dende os tempos en que comezou a cantar no Jazz Filloa da cidade herculina apadrinada polo mestre Nani García.

Preparóuse a eito, buceou por estilos modernos e clásicos da música contemporánea e foi acadando un status de profesional súper respetada, admirada e querida.

Ademáis dos seus proxectos máis persoais (con discos firmados por ela, como o “Mañá” que gravou no 2016) adícase a ensinar e preparar o talento de novas promesas musicais, dando clases de canto.

Nas súas colaboracións con Chuches Amil estamos namorados, pola súa capacidade vocal pero tamén porque se encargou do arranxo da harmonía de voces nos coros femininos.

Carmen é a directora do fantástico coro femenino Sister in the House e ademáis participa en múltiples proxectos como o cuarteto vocal Ejazz, coas que non para de actuar.

Se queredes saber un pouco máis de Carmen podedes mirar a seguinte entrevista

E podedes vela actuar en directo co seu repertorio propio e escoitar a súa marabillosa voz no enlace seguinte

E, como non, tamén podedes apreciar os matices do seu poder nas cancións de Fran Amil para o disco “Popsía Vol.I”, como nesta impresionante Negra sombra

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto