Colaboradores

Foto: Josiño Foto: Josiño

Javi Prieto

Debuxante, ilustrador, muralista…

A maxia coa que opera Javi Prieto os trazos que dan vida ao seu imaxinario persoal, dun xeito moi poderoso e particular, é rapidamente recoñecible, e ademais moi versátil. Cando Chuches Amil lle propón colaborar no seu primeiro disco, “Un conto ao revés”, Javi Prieto acepta o risco de navegar por un novo río afastado dos seus habituais cauces. Nun chimpo dimensional plasma un mundo de fantasía, que aportou múltiples e marabillosas ideas que fixeron posible o inicio da aventura gráfica de Chuches Amil, fornecendo de paisaxes e criaturas ao noso grupo favorito.

Javi Prieto colaborou en fanzines, comics, revistas, portadas de discos de grupos galegos como Zenzär, Os Papaqueixos, Ulträqäns, etc.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto