Colaboradores

Foto: Manel Cráneo Foto: Manel Cráneo

Manel Cráneo

Debuxante, ilustrador, cartelista, editor, músico…

Hoxe falamos de alguén moi especial para nós, pois os deseños que nutren cada sección desta nosa/vosa páxina favorita saen da súa maxistral inspiración, que xa ilustraban o noso segundo disco libro “Monstros. Con ou sen consentimento”.

Manel Cráneo é un artista completo que ademais de posuír unha sensibilidade artística exquisita, engade ás súas habelencias un sentido do humor que tinxe toda a súa obra dunha visión profundamente humanista. Detrás de cada sorriso provocado, de cada gargallada agromada nas súas viñetas, debuxos ou ilustracións, agóchase unha fonda comprensión do bicho humano.

Manel alimenta a súa paixón mimando a súa faceta editora con Demo Editorial, que se converteu nunha peza fundamental no eido dos cómics en Galicia e en galego. Un traballo delicado e prolongado no tempo que o converte nun caso excepcional na cultura do país. Galicia precisa de moitos Cráneos así de privilexiados.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto