Colaboradores

Foto: Gabriel Tizón Foto: Gabriel Tizón

Manu Payno

Trompetista, director de banda municipal, compositor…

Manu Payno é o mellor trompetista co que Chuches Amil soñou xamáis poder contar nos seus discos. Participou en Un conto ao revés e recuncou en Monstros, con ou sen consentimento. Se os astros adoitan conspirar para que consigamos aquilo que queremos, podemos asegurar que xa conspiraron para dar a Chuches Amil o mellor trompetista que houbo, hai e haberá.

Manu Payno, sendo aínda moi novo, é toda unha institución en Galicia. Xa moi cativo percorreu escenarios a eito, soprando a súa trompeta con primor, elegancia e sabedoría. Alén de participar en A matraca perversa, Galegoz, Sacha na Horta, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Tres Trebóns e outros moitísimos proxectos de primeira orde, dirixe a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, coa que comezara a tocar aos 9 anos.

Manu Payno é home renacentista e artista polifacético, pois tamén dá pasos no eido audiovisual

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto