Colaboradores

Foto: Nacho Romero Foto: Nacho Romero

Paco Cerdeira

Guitarrista, cantante, compositor, técnico de son en gravacións…

Paco Cerdeira é un mexicano galeguizado que posúe uns dedos sensibles e unhas cordas de guitarra, e de xeito natural xorde unha música celestial cando os dedos enredan nas cordas. Chuches Amil ten a inmensa fortuna de contar coa súa colaboración no disco “Monstros. Con ou sen consentimento”, onde borda a guitarra e o baixo, ademais de ser o enxeñeiro técnico de gravación, e de mesturar o disco con elegancia e limpeza. Tamén abraia na nova quenda de cancións que vén de gravar Chuches Amil neste mes de setembro de 2022, e que iremos coñecendo aos poucos en distintos singles ou eps.

Paco ten unha traxectoria impecable no mundo da música rock en galego, e foi unha das bases do grupo Mamá Cabra, pioneiro da música rock infantil en galego. Aínda hoxe non ten paraxe, e divide o seu tempo en proxectos como A Gramola Gominola, Zënzar, e, sobre todo, Pakolas, nestas alturas o de máis éxito na música que nos ocupa e o máis persoal.

Podedes visitar a páxina de Pakolas e coñecelo un chisco máis.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto