Colaboradores

Foto: César Seijas Foto: César Seijas

Ricardo Casás

Saxofonista, compositor…

Ricardo “Richi” Casás toca os ventos cun aire irresistible e enfeitizado, e calquera canción coa súa participación acada cotas infinitas e novidosas. Chuches Amil ten a inmensa honra de contar coa súa maxistral intervención nos seus dous discos, “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”, onde os diferentes saxofóns venteados por Richi outorgan un sinal de identidade inconfundible.

Atentos á edición do seu libro disco Fuliada na Vila, onde recolle seis pezas musicais colleitadas hai corenta anos da tradición popular pola musicóloga Dorothé Schubarth na Vila da Igrexa (Cerceda, A Coruña). O disco sairá á venda en outubro de 2020.

Podemos estar ao día deste fermoso proxecto en Facebook

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto