Colaboradores

Foto: Lestonnac Ibañez Vilas Foto: Lestonnac Ibañez Vilas

Sara Vázquez

Cantante, xornalista…

Sara Vázquez ten un arrolo na voz que cautiva a quen a escoita. Voz grosa e temperada, con matices e xeito. A súa gorxa evoca a das grandes divas do jazz e do soul e fai dela unha neo diva que nos aloumiña co seu trino.

Para Chuches Amil sempre será a lúa que adormece a Eirín e Milucha co seu “Durme, peque” do noso Un conto ao revés. E será sempre a gloria e a marabilla que aniña nos coros portentosos de cancións emblemáticas como “O porvir é meu”, Noite de Samaín, “Ñam-Ñam”, “Con ou sen consentimento” e tantas outras do noso repertorio.

Ademáis de cantar, tamén conta. No diario La Opinión. Con criterio e sapiencia. Velaí algunha das súas ben elaboradas e interesantes crónicas

Sara Vázquez. Unha voz, un alento. Unha estrela, un talento. Unha muller-lúa, un portento. E a honra, para nós, ao sentir a súa voz e a súa presenza connosco.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto