Colaboradores

Foto: Juan Luis Rúa Foto: Juan Luis Rúa

Tomás Ageitos

Técnico de son, batería, gaiteiro, construtor de ferramentas para instrumentos musicais tradicionais…

Tomás Ageitos deseña a súa vida musical dende unha encrucillada da que parten moitas estradas que conflúen nunha casa de ventás abertas. Músico que precisa da técnica para potenciar o seu son, e técnico que precisa dos músicos para partillar a súa sabiduría, foi o primeiro técnico de son co que traballou Chuches Amil. Unha laboura da que dá fe o disco Un conto ao revés.

Tomás alimenta a súa inquedanza sementando en moitas leiras, na procura de mellorar a súa produción e a de todos aqueles que teñen a sorte de abeirarse á súa condición de permanente insatisfacción, traducida esta nunha constante investigación que atinxe tanto á perfección técnica como á procura de novos camiños, como expresa a seguinte ligazón. Xirarlle unha visita a esta curiosa páxina do seu proxecto Landra

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto