Fotografías

Meicende, marzo 2019

Meicende prende o día 1 de marzo de 2019, como poderedes ollar nas fotos de Nacho Romero que testemuñan un concerto máxico.


Todo preparado para recibir á xente. Guitarra e saxofón agardan pacientemente polos seus músicos e tamén polo público.


Notades a nota que prefire ficar agachada nesta foto a pesares de que o saxofonista Gueorgui Oganesian ventea e ventea para revelala? Fran canta e aloumíñaa para protexela, e finalmente expande a nota o seu son arroleiro, que chega ao público de xeito invisible pero audible.


Semella Fran, pero en realidade é o robot que temos de Fran para cantar “Este robot é unha máquina”. Fran tamén é un máquina... robot.


Fran atendendo ás peticións de cancións favoritas do público.


Fran co sombreiro recadador. Ás veces tamén o emprega para facer saír un... lobo bo no canto dun coello. Chuches Amil, orixinalidade para dar e tomar.


Fran bailando e facendo bailar. Fixádevos que cariñas de ledicia e felicidade nxs pequerrechxs asistentes.


Chuches A mil

Cantando “Ñam ñam” Fran contáxiase do monstro comellón e case papa o micro. Que non é de chocolate, meu!


Foi un pracer. Non deixedes de vir ao vindeiro concerto de Chuches Amil e abofé que o habedes pasar igual de ben, ou máis, que este público extraordinario de Meicende.


Alguén dubida ollando esta foto do ben que o pasou o público asistente ao concerto? E semella que Fran tamén desfrutou abondo. Chegou o momento dos bises.


Hora de bailar. Hora de pasalo ben. Non vale parar, non vale parar.


Cando o patio de butacas non abonda, temos sitio no escenario. Ata se sumou á festa Carlos Amil, o produtor do disco “Monstros con ou sen consentimento”. X primeirx que descubra quen é recibirá de agasallo un disco de Chuches Amil. Mandade un correo a chuchesamil@gmail.com . Bulide, que x primeirx ademais de primeirx leva premio. E aparecerá o seu nome neste mesmo pé de foto.


Mundo espello. Se bato as mans, bates as mans. Se me movo á esquerda, móveste á esquerda. Se durmo, dormes. Se penso, pensas. Se pensas, es ceibe e deixas de imitarme. En que parte do espello queres estar? Na foto de Nacho Romero hai outro espello detrás de Fran. Sempre hai outra dimensión agardando por nós. Quen se atreve?

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto