Fotografías

Finalistas Premios Martín Códax

Fran e Martín Códax. Unha pequena homenaxe ao disco “Popsía Vol. I”, pousando cun dos ilustres nomes das cantigas de amigo da lírica galaico portuguesa.


Esta imaxe desborda ledicia para dar e tomar!! MJ Pérez e Fran traballaron xuntos no disco “A voz do vento”, e cando se ven os risos ateigan o espazo e o tempo.


A rebuldeira Laura Romero, ilustre ilustradora e música (toca o baixo con moita xente), cóase na foto de MJ Pérez e Fran Amil.


O mundo da música infantil galega é un mundo. Unha chea de artistas inclasificabeis facendo música e propostas abraiantes, cheas de contido e diversión garantizada. E nesta foto pousan dous dos máis salientabeis: Brais das Hortas e Fran. Musicazos.


Fran está contento nesta foto. Está contento sempre, as cousas como son, é unha característica que o caracteriza. Pero vaites, aquí está especialmente contento. Pola nominación e por terse reencontrado con tant@s amig@s.


Había un tempo que non coincidían Belém Tajes e Fran Amil. Belém colaborou no disco de Fran “A voz do vento”. O vento ten estas cousas, vai e vén e vén e vai, xuntando e afastando á xente. Pero acougade: na cabeciña sempre están todos xuntos.


Aquí pousan os finalistas na categoría de Música Infantil. De esquerda a dereita temos a Paco Nogueiras, a Peter Punk, a Brais das Hortas e a Chuches Amil. Ollade que ben o pasan estes colegas!! As botellas que teñen nas mans están baleiras, non porque as beberan estes pícaros, senón porque é a estatuíña de nominado. Lembrade que estes premios levan o nome dunha adega que produce viño.


Esta foto ten moito valor porque xunta a dous grandes da música galega: Brais Morán e Fran Amil. Dous dos músicos con máis funk e ritmo do planeta música. Seguídeos, paga a pena.


Foto de grupo de tódol@s finalistas nas diferentes categorías do prestixioso premio da música galega. Se sempre é difícil distinguir a alguén nas fotos de grupos numerosos, imaxinade nesta que teñen todos as bocas tapadas. Que ironía, meus e miñas, cantantes coa boca pechada!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto