Fotografías

III Miúdo Fest

Actuación o 15 de setembro de 2018 no III MIÚDO FEST, no C.S.A. Pontepedriñas, en MOS (Pontevedra). Festival Miúdo, pero grande.


Fran Amil e Aarón Bouzón recén chegados do Caribe. Ou a piques de marchares para alí. Quen sabe?


A banda ao completo. De esquerda a dereita: Bernardo Pita á guitarra, Aarón Bouzón co ewi, Fran Amil co micro, Miguel Paz na batería, Ricardo Casás ao saxo e Álex Bardanca ao baixo.


A foto deixa rexistrado un intre que ten pinta de monstruoso.


Non cabe dúbida de que Bernardo Pita é o dono da guitarra. Fran Amil réndelle pleitesía. Se non sabedes que cousa é pleitesía, non vos preocupedes. O que o escribíu tampouco o sabe, e por aí anda tan pancho.


Bernardo Pita, guitarrista que mete medo, preguntándolle a Fran Amil que cousa é pleitesía. Fran, para non ter que contestar porque el tampouco sabe que é pleitesía, dille que toque e cale.


Fran Amil sinala a Ricardo Casás. El si sabe que cousa é pleitesía, pero como ten a boca ocupada tocando o saxo, non pode contestar.


Fran Amil, farto, explica ao público que el foi alí a cantar, non a respostar que cousa é pleitesía.


Todos están contentos porque unha nena do público sabe que cousa é pleitesía.


Fran Amil, pura enerxía sobre o escenario.


Curiosa composición na que o guitarrista queda fóra do cadro, pero a guitarra teima en ser protagonista diante de Fran Amil.


Grazas a Aarón Bouzón no ewi e Ricardo Casás co saxo, Fran Amil agallopa enrachado sobre un vento favorable.


Fran Amil e Ricardo Casás: dous monstros da música.


Fran Amil sinala a unha parella de nenos que baila monstruosamente ben. Os nenos non quixeron saír na foto porque non quixeron saír, e non hai máis que falar.


Fran Amil e Ricardo Casás competindo a ver quen chega á nota máis alta. Miguel Paz, batería de lenda, aposta por Fran.


Fran Amil e Álex Bardanca. É curioso que tocando o baixo Álex sexa máis alto que Fran. Ou será unha ilusión óptica porque Álex medra cando toca o baixo?


Por fin, a banda concentrada en actuar. Bernardo Pita cre ver no chan a resposta á pregunta de que cousa é pleitesía.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto