Ilustracións 2021
(1 imaxe)

Manel escolleu ilustrar a canción “Os porcos das fragas do Eume” orientado polo seu fillo Roque. Cráneo non puido evitar a influencia dos debuxos animados da Warner Bros., os famosos cartoons nos que Elmer Gruñón acurralaba ao coello da sorte Bugs Bunny de xeito que, en realidade, era Bugs Bunny quen acurralaba a Elmer coa súa chocarreira e lingoreteira parola. Manel confesoume que non pensara intencionadamente en tal cousa, pero xa todos sabemos que as ideas agroman de xeito significativo e, as máis das veces, mesmo son detectadas antes por olladas alleas ás do propio autor. E tamén detectamos ese aire comiqueiro, que deriva da adicación craneana á banda deseñada. En definitiva, un luxo de debuxo para unha canción de rock and roll festeira e contaxiosa. Como todas as de Chuches Amil, meus e miñas.