Crónica Chuches Amil na Casa da Cultura de Vimianzo
Que fermosura ver canta rapazada asiste a un concerto de pop-rock en galego e pásao en grande! Chuches Amil encheu o domingo 20 de outubro o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, nunha festeira tarde compartida por toda a familia, nenxs e pais e nais, e mesmo avxs.
Cando tantas xeracións desfrutan xuntas dun mesmo espectáculo con parella intensidade, iso significa que o país ten esperanza dun porvir de entendemento e cooperación, de xenerosidade e de ledicia.
Préstanos moito contribuír coa nosa música a ese porvir teu, meu, noso que comeza xa no agora mesmo. Que veñan moitos lobos bos, moitas noites de samaín, moitos monstros-orquestras, moito consentimento (ou non), moitos Ñam-Ñam, moitos contos ao revés, moitos pequerrechos e melenudos.
Chuches Amil, música e diversión a eito para toda a familia.