Crónica Fran Amil na Casa da Cultura de Neda
O 29 de setembro de 2019, domingo grisallento, o auditorio da Casa da Cultura de Neda encheu de cor o planeta con ledicia e aplausos na actuación de Fran Amil.
Dende Un conto ao revés e “Pequerrecho, melenudo” xa se ventaba que a mañá ía ser divertida, dinámica e memorable. Xs nenxs de Neda cantaron, bailaron e xogaron con Fran. E arrastraron acanda eles aos pais e nais.
Ouvearon co Lobo bo, berraron “Ñam-Ñam”, fixeron palmas rumbeiras en Noite de Samaín, bailaron co “Rock Sideral”, convérteronse en O monstro-orquestra, firmaron o seu primeiro e único contrato de pasalo ben para sempre con O porvir é meu, e “Con ou sen consentimento” arrincou o lado máis funky de todo o público.
“Este robot é unha máquina” puxo fin a unha velada en Neda onde as familias que encheron o recinto superaban o cento, e ninguén quería que a mañá rematase.
Apertas e seguide a procurar os concertos e as cancións de Chuches Amil. Esperámosvos!