Novas

A canción "O porvir é meu" en língua de signos

Hoxe atopamos esta exquisitez feita polo CEE Nosa Señora do Rosario de A Coruña, na que adaptan a nosa canción O porvir é meu á língua de signos, para festexar o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas- 14 de xuño. Emocionounos moito. Botade unha ollada, paga a pena.

Participan no video persoal docente e non docente do CEE Nosa Señora do Rosario de A Coruña, alumnado do CEE Nosa Señora do Rosario, e alumnado da asignatura de LSE do CEIP María Pita de A Coruña, organizado todo polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEE Nosa Señora do Rosario. A montaxe correu a cargo do Equipo de Tecnologías da Información e da Comunicación do CEE Nosa Señora do Rosario. Parabéns, meus e miñas, por un traballo tan relocente, fermoso e emocionante. O porvir é voso.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto