Novas

Fotos: Carlos Amil Fotos: Carlos Amil

Actuacións de Chuches Amil no mes de decembro

Temos un mes de decembro cargado de concertos e boa música, para percorrer a nosa profundamente fermosa Galicia.

A xeira comezámola en Vila de Cruces (Pontevedra), o día 5 de decembro, ás 17:00 horas no Auditorio Municipal Xosé Casal. Chuches Amil cruzará a fronteira da diversión para levar festa e música lixeira e pegadiza a eito.

Ao día seguinte, 6 de decembro, ás 18:00 horas, Chuches Amil reconquistará Maceda (Ourense) no pavillón municipal. Presta volver tan axiña a unha vila marabillosa, cunha proposta distinta e electrificada, pois hai un par de meses estivemos cunha versión en acústico.

Fotos: Carlos Amil

O sábado 11 temos unha cita no Centro Cultural Casas de Novoa, en Oroso (A Coruña). Será ás 11:00 da mañá, dunha mañá na que Chuches Amil promete unha descarga rocanroleira ben potente, con toda a banda ao completo. Fran Amil como voz solista e na guitarra acústica, Antón Torroncho no baixo, Plácido García na guitarra eléctrica, Martín Aparicio na batería e Fernando Román nos ventos. Unha cita imperdible.

Ese mesmo sábado estamos con dous videoclips no IV Festival de Cine Infantil Cinema Miúdo de Ames. Será contra as 17:45 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os videoclips son “Un conto ao revés” e “O monstro orquestra”.

O domingo 12 de decembro Chuches Amil actúa na Gala de Clausura e Entrega de Premios do Cinema Miúdo, que terá lugar contra ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Milladoiro. Longa vida a canto evento teña en conta ás crianzas no seu tempo de lecer e formación!!

O día de Nadal, 25 de decembro, Chuches Amil espallará a súa música contaxiosa na Praza de María Pita da súa natal cidade de A Coruña, ás 12:00 da mañá. Tocar na casa que bonito é!!

O día 27, ás 17:30 horas, visitaremos a cidade de Santiago, no Espazo Apego, onde Chuches Amil en acústico abeirará aos máis pequenos da casa.

De certo que aínda poderán saír novas datas para atopármonos con todos os nosos seguidores.

Tamén podedes apuntar o sábado 18, pois Fran Amil presenta “Popsía” coa banda no Centro Social de Pontecesures, ás 20:00 horas. O que sen dúbida é un dos discos de pop do ano en Galicia terá a súa posta de longo pública cunha chea de músicos excepcionais: Fran Amil como voz solista e na guitarra acústica, Antón Torroncho no baixo, Plácido García na guitarra eléctrica, Martín Aparicio na batería, Richi Casás nos ventos e Ángeles Dorrio voz feminina e coros. Un elenco de luxo, músicos en plenitude, con discos recentes ou a piques de estrear, e cunha calidade fóra do común.

E xoves 23 de decembro visitamos Sober (Lugo) para actuar contra as 19:00 horas no Centro Sociocultural, coa mesma equipa pero con Alberto Romero na guitarra eléctrica en lugar de Plácido, e Martín Grela ao mando dos teclados no canto de Richi. Vémonos axiña, meus e miñas!!!

Fotos: Carlos Amil

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto