Novas

Chuches Amil actúa na Hora do Conto

Un ano máis, Chuches Amil ten a honra de formar parte das actuacións escollidas en “A Hora do Conto”, da rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros.

“A Hora do Conto” leva varios anos ofrecendo á rapazada do concello de Oleiros unha chea de marabillosas actuacións musicais, teatrais, contacontos e obradoiros con algunhas das figuras máis significativas dentro de cadanseu eido.

Por terceiro ano consecutivo, Chuches Amil levará os seus contos e os seus cantos ás bibliotecas oleirenses.

Arrancamos o xoves 9 de febreiro, ás 18:30, na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, co espectáculo “Canto conto ten”. Ademais de engadir “O apalpador” ao repertorio habitual de Chuches Amil, neste fabuloso espazo (onde Carlos Amil rodou a súa película “A casa da luz”) faremos a estrea mundial de “Bachata de Entroido”. Hai que chamar ao teléfono 981 639 511 para reservar asistencia, porque hai aforo limitado. Bulide, insensat@s, que as entradas voan!

O 23 de marzo podedes vernos, ás 18:30, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé, co espectáculo “A festa do porvir”. Reservar asistencia no teléfono 981 618 201.

O 14 de abril xiraremos con “Canto conto ten” pola Biblioteca Municipal Ánxel Fole, en Nós, ás 18:30. Chamade ao número 981 664 257 para reservar a asistencia.

O 3 de maio estaremos na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz, co espectáculo “A festa do porvir”. Como todas as actuacións, a hora será ás 18:30. Lembrade telefonar ao número 981 626 338 para reservar a asistencia.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto