Novas

Chuches Amil Acústico no C.C. Lustres Rivas; Ribeira (C) - Cultura no Camiño 2026. 20 xuño 2026

Dende hai varios anos, Chuches Amil é un dos proxectos musicais galegos presentes cada ano no programa Cultura no Camiño. Desta volta, estaremos en Ribeira (A Coruña) o 20 de xuño deste 2026, para actuar nun formato acústico, moi especial, no que Fran Amil presentará o universo de Chuches Amil cunha guitarra e voz sen amplificación. A pelo, que se adoita dicir. Un concerto con arranxos especiais para este xeito de desenvolver o repertorio do noso grupo favorito.

O concerto terá lugar nun dos salóns do Centro Cultural Lustres Rivas. Contra as 12:00 horas do mediodía poderedes asistir a un concerto de balde, ata completar aforo.

Ribeira é un pobo costeiro precioso que vos recomendamos visitar. Destacan entre as súas festas a Festa da Dorna, as festas de Verán e a Festa de Santa Uxía. A primeira ten lugar o 24 de xullo e está chea de actividades lúdicas, deportivas e cheas do humor tan característico deste enclave galaico. Altamente recomendable a visita, se o queredes pasar en grande, con múltiples opcións para o tempo de lecer, con opcións gastronómicas para gozar tamén da boa mesa.

No caso de Chuches Amil, xa sabemos que Ñam-Ñam está desexando darse unha volta por Ribeira, para papar todo o que se lle pase polos fuciños.

Vémonos alí, se vos apetece. Xa sabedes: Chuches Amil, música infinita!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto