Chuches Amil dúo na Praia fluvial de San Clodio, Ribas de Sil (Lugo), o 16 de agosto, ás 20:00
O domingo, 16 de agosto de 2026, ás 20:00 horas, terá lugar o concerto Chuches Amil dúo inserido no programa Cultura no Camiño que organiza o Agadic. Desta volta, a actuación será na Praia Fluvial de San Clodio, en Ribas de Sil, na provincia de Lugo. Unha proposta excelente para pasar a tarde en familia.
Moncho do Orzán, co acordeón e Fran Amil, coa guitarra, percusión electrónica e voz. Formación de luxo, para unha programación cultural que leva varios anos achegando o traballo dos artistas galegos a zonas que doutro xeito non poderían gozar de todo o talento que habitra neste país.
Haberá moitas sorpresas, con arranxos novos para as cancións máis emblemáticas do repertorio de Chuches Amil. Teremos agasallos, pois contiuamos a celebrar que Chuches Amil leva unha década actuando nos máis dispares lugares de Galicia (e, como ben sabedes os que nos seguides, en outros puntos da orografía peninsular).
Vémonos no concerto.










