Novas

Fotos: Carlos Amil Fotos: Carlos Amil

Chuches Amil e Pakolas, amigos de sempre

Hai moitos anos que Chuches Amil e Pakolas levan a cabo numerosas colaboracións nos discos do noso grupo favorito.

Xa vos contamos hai nada que Fran Amil viña de xuntar as colaboracións máis ilustres para darlle forma definitiva a un feixe de novas cancións de Chuches Amil.

Foto: Carlos Amil
De esquerda a dereita, Fran Amil, Antón Torroncho e Pakolas.

Pakolas, ademais da súa increíble e arroutada guitarra nas novas cancións, veu un día a divertirse e axuntar a súa voz nos coros dun par de cancións, que xa vos iremos presentando.

Hoxe traémosvos un petisco en formato fotografía do ben que o pasaron estes dous grandes da música galega. E grandes amigos.

Foto: Carlos Amil

Estade atent@s, que veñen novas cancións de Chuches Amil!!!

Foto: Carlos Amil

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto