Chuches Amil eléctrico ás 12:00 na Casa da Cultura de Visantoña (Santiso). 26 decembro 2025
Chuches Amil eléctrico ás 12:00 na Casa da Cultura de Visantoña (Santiso). 26 decembro 2025.
Un novo concerto eléctrico de Chuches Amil, inserido na Rede Cultural da Deputación da Coruña, chega a Santiso. O 26 de decembro de 2025, Fran Amil leva as cancións de Chuches Amil á Casa da Cultura de Visantoña en pleno Nadal. Como non pode ser doutro xeito, viviremos un concerto moi, moi especial, con agasallos e sorpresas para celebrar o décimo aniversario de Chuches Amil. Unha década adicada de pleno a levar ledicia e ritmo por Galicia adiante, para alegrar a pequenos e maiores con concertos cheos de vitalidade e honestidade brutal.
Chuches Amil promete diversión e lecer de calidade para públicos de primeira categoría: vós, nosa audiencia fidel e motivadora.
Vémonos en Santiso. Non vale parar.










