Novas

Chuches Amil eléctrico en Lodoselo, Sarreaus (Ourense), o 13 de agosto de 2026, ás 20:00

Avanza o mes de agosto e con el os concertos de Chuches Amil correspondentes ao programa Cultura no Camiño, organizados polo Agadic, para este ano 2026. Estaremos, desta volta, nunha parroquia do concello de Sarreaus, na provincia de Ourense, chamado Lodoselo. Actuaremos na rúa, frente ao único bar que hai no pobo. Será ás 20:00 horas. Como ben sendo habitual, teremos sorpresas e agasallos únicos para celebrar o décimo aniversario de Chuches Amil. Ritmo, melodía e moita ledicia sonora, para soportar a calor estival, en compañía das familias que asisten aos nosos concertos.

Podedes virnos visitar. Os concertos de Cultura no Camiño son de balde, para todos os públicos.

Non vale parar.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto