Chuches Amil eléctrico na Festa das Pasantes, en Triacastela (Lugo) o 19 de setembro 202, ás 17:30
Dentro da programación da Rede de Bibliotecas de Galicia e en colaboración coa Furgoteca Lugo, teremos un concerto de Chuches Amil eléctrico en Pasantes, Triacastela (Lugo). Dentro da programación do Ler conta Moito. Ás 17:30, Fran Amil espallará ritmo, ledicia e xolda a eito. Non o perdades. Temos agasallos e sorpresas, como sempre, para vós.
A Furgoteca é o servizo de biblioteca móbil que presta a Xunta de Galicia en colaboración cos concellos que non dispoñen deste equipamento cultural. A furgoteca está no teu concello dous días cada mes, con dúas rutas diferentes. Podedes seguirlles a pista no enlace seguinte:
https://bibliotecas.xunta.gal/gl/furgoteca
Vémonos o día 19, porque Ler Conta Moito. E cantar, tamén. Con Chuches Amil, a poder ser.










