Novas

Chuches Amil eléctrico no CPI Plurilíngüe de Rodeiro (Pontevedra) - Festa de fin de curso; Cultura no Camiño 2026. 20 xuño 2026

Chega o fin de curso e como ven sendo habitual nos últimos anos, Chuches Amil somos requeridos para actuar en varios colexios que queren poñer un peche musical ao curso en curso (valga a redundancia). O primeiro deles é o CPI Plurilíngüe de Rodeiro, na provincia de Pontevedra. Actuaremos ás 14:30 da tarde, nun concello que nos convoca dentro do programa Cultura no Camiño 2026. Fran Amil, coa súa percusión electrónica, guitarra, voz e bases programadas amosará as cancións que están nos dous discos de Chuches Amil.

Estamos moi ilusionados por comezar unha xeira de catro concertos en tres días, que comeza pola mañá do día 18 en Rodeiro, continúa pola tarde en Carral; se prolonga, o día 19, en Tomiño (Pontevedra); e conclúe, o día 20, en Ribeira.

No concerto de Rodeiro temos preparadas varias sorpresas, coa inclusión de algún tema novo; agasallos sorpresa para o público asistente ao concerto; ritmo e melodía a eito para encher de festa e xolda un centro educativo que se esforzou a tope durante o curso e que vai despedir o mesmo con todo o poder da nosa música.

E tras o concerto, marchamos de seguido ata Carral, onde tocaremos ás 18:00 horas, no programa CultuRúa, dentro do programa Escena ao vivo 2026.

Vémonos nos concertos. Chuches Amil: música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto