Novas

Chuches Amil eléctrico no CultuRúa, Carral - Programa Escena ao vivo, da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2026. 18 xuño 2026

O 18 de xuño de 2026, Chuches Amil facemos doblete. Estaremos pola mañá no concello pontevedrés de Rodeiro, para actuar na festa de fin de curso do CPI Plurilíngüe de Rodeiro, ás 14:30 horas. Concerto enmarcado no programa Cultura no Camiño 2026. E, pola tarde, ás 18:00, Chuches Amil abriremos a programación do verán do concello coruñés de Carral. Con motivo da programación CultuRúa, estaremos na praza da Feira para dar un concerto programado en Escena ao vivo, da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Estade moi atentas e atentos a este concerto, xa que Chuhes Amil imos amosar varias sorpresas e levamos agasallos para o público asistente. Temos algún tema novo, variacións no repertorio usual nestes últimos anos e moita, moita xolda para compartir con todas as persoas que vos acheguedes a vernos en Carral. Lembrade que o programa CultuRúa o abrimos nós, pero teñen moitas cousas moi interesantes programadas, para público familiar. Botade un ollo e escollede, que hai moita calidade.

Fran Amil, coa súa percusión electrónica, guitarra, voz e bases programadas espéravos en Carral.

Vémonos. Chuches Amil: música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto