Chuches Amil eléctrico no FESTIBAM 2026. 12 setembro ás 17:00. Programa Ler Conta Moito 2026
Que ilusión. Que fortuna. Chuches Amil formamos parte das marabillosas actividades que prepararon o Museo das Mariñas e a BPM A. Castelao de Betanzos para todos os públicos e que terán lugar o sábado 12 e o domingo 13 de setembro ao longo da mañá e a tarde. Se queredes información máis detallada, acudide á web do BAM Betanzos, que inclúe a biblioteca municipal, o arquivo e o museo.
Pola nosa banda, Chuches Amil teremos a Fran Amil actuando coa guitarra, percusión electrónica e bases electrónicas no formato “eléctrico” que estamos a rodar este ano polos concellos galegos. Este formato é moi áxil e ten sorpresas para o público participante. Así que achegádevos a Betanzos este sábado, ás 17:00 e fagamos xolda a esgalla.
Concerto inserido dentro do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.










