Novas

Foto: Carlos Amil Foto: Carlos Amil

Chuches Amil en maio

Este mes de maio Chuches Amil percorre as vilas galegas para ofrecer os seus concertos cheos de música e festa.

Arrancamos o mes con dobre sesión. O 3 de maio, pola mañá, contra as 11:30 poñeremos a música no peche do curso do programa Ciberexpert@s que organiza a Unidad de Participación Ciudadana de la Policía Nacional. Unha xuntanza co alumnado de diferentes colexios que promete encher de ledicia o Fórum Metropolitano de A Coruña.

Ese mesmo día 3 haberá outro concerto de contos dentro do programa “A hora do conto” que organizan as bibliotecas do concello de Oleiros. Este cantacontos será na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro en Santa Cruz. Será ás 18:30. Non o perdas!

O 15 de maio Chuches Amil súmase á Festa do Pan en Carral, e contra as 19:00 fará bailar na praza do concello a quen se achegue. O PequePan non podía escoller mellor embaixador. Pan e música para o camiño!!

O 26 de maio teremos a honra de achegármonos a Corcubión. Alí moito nos queren. E nós querémolos moito. A cita será contra as 17:00 no Parque Infantil de Campo do Rollo, nun acto organizado pola Universidade Popular de Corcubión, que moito traballan a prol da cativada e organizan cursos de pandeireta, canto, baile tradicional, gaita e percusión, inglés e canto oral.

E o 27 de maio teremos un concerto especial en Arzúa, na capela da Madanela ás 18:00, pois iremos en formato dúo, con Fran Amil como cantante e guitarra acústica, e Fernando Román co saxo tenor. Imos dentro do programa “En galego, que ben soa!!” pertencente á programación cultural “Primavera de cultura 2023” do concello de Arzúa.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto