Novas

Chuches Amil en Melandrainas Café Cultural (Arteixo)

Como colofón á Gala Melan Campa 2021, actuación de Chuches Amil

Tamén se incorporará á set list algunha canción do disco de Fran Amil “Popsía Vol. I”. Ao remate da actuación, Fran asinará e adicará discos de Chuches Amil e de “Popsía”, que poderedes levar da casa ou mercar alí mesmo, en Melandrainas Café Cultural, un oasis singular asentado en Arteixo, que proxecta a súa acolledora e agarimosa sombra no amplo espectro cultural galaico dende o seu recuncho cheo de iniciativas lúdicas e saborosas.

Vémonos alí, a pesares do aforo limitado. Podedes reservar a vosa praza chamando ao teléfono 881 104 706.

Bulide, insensat@s!!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto