Chuches Amil Espectáculos 2023
Aquí vos deixamos os espectáculos de Chuches Amil para este ano 2023. Ideal para as actividades dos vosos concellos, asociacións culturais e colexios. Botádelle unha ollada e contactade con nós para desfrutar da música.
Chuches Amil é un proxecto musical para toda a familia co ánimo de fornecer aos cativos e cativas de Galicia dun acervo cultural en galego, que poña en valor aspectos fundamentais como o respecto, a solidariedade, o esforzo ou a non violencia, sen descoidar o aspecto lúdico do baile e a diversión en familia. Un espectáculo de música infantil para aprender e divertirse. Unha chea de cancións e de retrousos pegadizos, cos que Chuches Amil fai dos soños cancións, e cancións dos soños. Música lixeira e cantareira que permanece teimuda e rítmica na memoria xa dende a primeira escoita.
MONSTROS CON OU SEN CONSENTIMENTO
Incluído en Ler Conta Moito
Espectáculo baseado nun repertorio tirado dos dous grandes éxitos de Chuches Amil editados na colección Sonárbore da editorial Galaxia: “Un conto ao revés” e “Monstros, con ou sen consentimento”. Escolma de cancións e contos con monstros como protagonistas. Monstros amabeis e amigos da cativada.
Música en directo en formato acústico con bases pregravadas (un único músico). A ritmo de rock e para toda a familia, letras que falan dos nosos medos e superacións. Unha boa colección de monstros para non deixar de bailar, reír e cantar.

CANCIÓNS PARA ENREDAR, CONTOS PARA TREMER DE LEDICIA
Incluído en Ler Conta Moito
Espectáculo de contacontos con cancións. Cancións divertidas, rockeiras, e contos de monstros e contos tradicionais postos ao revés. Unha salada apetitosa para un público insaciable.
Música en directo en formato acústico (un único músico con guitarra) para nos adaptar a unha aula ou escenario pequeno.

CHUCHES AMIL DÚO
Incluído en Rede Cultura no Camiño, 11º Ciclo Cultura no Camiño 2023
As cancións de Chuches Amil soan potentes en calquera formato, mesmo en dúo.
Música en directo en formato dúo (un cantante e guitarrista, e un saxofonista) para nos adaptar a unha aula ou escenario pequeno.

CHUCHES AMIL BANDA
Incluído en Galescena, Rede Galega Música ao Vivo
Incluído en Rede Cultura no Camiño, 11º Ciclo Cultura no Camiño 2023
Música en directo, banda de catro músicos en formato rock e pop, cun repertorio tirado dos dous grandes éxitos de Chuches Amil editados na colección Sonárbore da editorial Galaxia: “Un conto ao revés” e “Monstros, con ou sen consentimento”.
Clásicos da música infantil galega como “Un conto ao revés”, “O porvir é meu”, “Con ou sen consentimento”, “Un lobo bo” ou “O monstro orquestra” aseguran diversión a esgalla para toda a familia.

CHUCHES AMIL MONSTROS ACÚSTICOS
Incluído en Galescena, Rede Galega Música ao Vivo
Incluído en Rede Cultura no Camiño, 11º Ciclo Cultura no Camiño 2023
Espectáculo baseado no libro-cd “Monstros con ou sen consentimento”, editado na colección Sonárbore da editorial Galaxia, e con ilustracións de Manel Cráneo.
Música en directo en formato acústico con bases pregravadas (un único músico) para nos adaptar a unha aula ou escenario pequeno. A ritmo de rock e para toda a familia, letras que falan dos nosos medos e superacións. Unha boa colección de monstros para non deixar de bailar, reír e cantar.

CHUCHES AMIL DESENCHUFADO
Incluído en Galescena, Rede Galega Música ao Vivo
Incluído en Rede Cultura no Camiño, 11º Ciclo Cultura no Camiño 2023
Música en directo en formato acústico (un único músico con guitarra e/ou batería electrónica) para nos adaptar a unha aula ou escenario pequeno. As cancións de Chuches Amil revélanse festeiras e contaxiosas en calquera formato.
