Chuches Amil formato dúo en A Fábrica (Oleiros)
Sábado 14 de decembro, ás 18:00, Chuches Amil ofrece un concerto en formato dúo grazas ao programa Apego en A Fábrica (Santa Cristina, Oleiros). Non faltedes!!!
Diversión e festa a eito garantida grazas a Fran Amil na guitarra e na voz solista, acompañado por Moncho do Orzán e o seu acordeón. O mellor programa para o mellor xeito de pasar a tarde acanda a cativada e a familia. A forma máxica para entrar en calor en pleno inverno: cantar e bailar as cancións festeiras de Chuches Amil. Recomendada pola Organización Mundial da Saúde contra a preguiza, a inmobilidade e o refrán “non sei que facer hoxe”.
Cómpre facer reserva no link que deixamos aquí.
Bulide, que neste fermoso auditorio case sempre hai aforo cuberto.