Novas

Foto: Carlos Amil Foto: Carlos Amil

Chuches Amil grava novos temas!!!

Esta semana tráenos unha nova de altura!!! Chuches Amil está a gravar novas cancións.

Fran Amil vén de xuntar colaborador@s ben ilustres para darlle forma definitiva a un feixe de novas cancións de Chuches Amil, que iremos coñecendo aos poucos.

Chuches Amil e o seu produtor musical, Carlos Amil, pecháronse esta semana de setembro nos coruñeses estudios de gravación Drum&Roll Studios, acanda o técnico de son Iago Blanco, para fornear unhas chucherías musicais de moito tocoteu, xa veredes.

Fran soubo arrodearse dos mellores músicos que sementan notas no estado e no país, e a colleita non puido ser máis larpeira.

Fotos: Carlos Amil
De esquerda a dereita: Iago Blanco (de costas), Fran Amil na batería, Pakolas na guitarra, e Torroncho no baixo

O forno nunca arrefriou, porque as pezas que lle deron calor estaban sempre en combustión. Ollade senón as chamas riscadas polo baixo de Antón Torroncho, as lapas arrincadas das guitarras de Pakolas, as labaradas prendidas nos saxos de Richi Casás, as faíscas charamuscadas na batería de Fran Amil, a cacharela sonora agromada na gorxa de Fran Amil, e a lumarada alimentada nos extraordinarios coros de Ángeles Dorrio e Carmen Rey.

Foto: Iago Blanco
Na foto tirada por Iago Blanco, de esquerda a dereita: Carlos Amil, Carmen Rey, Ángeles Dorrio e Fran Amil

Desta volta, Chuches Amil gravou catro cancións. Nun mes e medio, aproximadamente, teremos a presentación da primeira canción: “O apalpador”. O apalpador baixa de O Courel cargado de música máxica, que fará as delicias d@s nos@s seguidor@s.

Foto: Carlos Amil
De esquerda a dereita: Fran Amil e Richi Casás

Estade atent@s, que vén un hit a toda velocidade!!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto