Chuches Amil no CEIP de Sobrada, Tomiño (Pontevedra). Concerto Fin de Curso. 19 xuño 2026
Que ganas temos todos de que remate o curso escolar 2025-26. Tras dun curso cheo de novos datos e moito esforzo físico e mental, Chuches Amil é a solución lúdica na que confía o centro CEIP de Sobrada en Tomiño (Pontevedra) para poñer peche a un ano lectivo intenso e esixente. E, claro, Chuches Amil estamos moi ilusionados con dar todo o mellor de nós para celebrar como se merece o peche de curso nun centro que xa nos quixo levar o ano pasado a tocar. Pero claro, xa tiñamos pechado un concerto noutro centro educativo e non foi posible desdobrarse. Pero este ano si que estaremos en Tomiño. E imos levar toda a nosa música e todo o noso espectáculo coa intención de poñer a bailar a alumnado, mestrado e convidadas que asistiran a esta festa tan fantástica.
Levaremos sorpresas, agasallos, rock, pop, risos, ledicia e moita, moita xolda. A que adoita espallar Fran Amil, coa súa percusión electrónica, guitarra, voz e bases programadas.
Será a partir das 12:30.
Chuches Amil: Música infinita










