Novas

Chuches Amil no Festival de la Luz, Boimorto (A Coruña), o 30 de agosto de 2026, ás 14:00 horas.

Tiñamos unha sorpresa agochada durante case un ano. Chuches Amil estaremos, por terceira ocasión, no Festival de la Luz. Desta volta, teremos a Fran Amil dando un concerto eléctrico que comezará ás 14:00 horas do 30 de agosto de 2026 no escenario Millo Circus. Boimorto será o epicentro da música pop-rock nun festival que ten unha proposta musical extensa e diversa e na que Chuches Amil está convidado a participar nun escenario único e irrepetible. Así que o noso Fran Amil ten preparado un concerto con agasallos, sorpresas e moito, moito pop-rock de alta calidade. Será un concerto marabilloso cheo de novidades e os hits de Chuches Amil que xa coñecedes e que forman a banda sonora das vosas vidas. Porque non, non vale parar. Todos a pasalo en grande, como en todos os nosos concertos.

Esperámosvos con moita ilusión. Vémonos o 30 de agosto.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto