Novas

Chuches Amil no Festival Nin Arre Nin Xo de Lalín

Compartindo cartel con músicos, paiasos, ilusionistas e xentes de circo, Chuches Amil ten unha cita coa boa xente de Lalín o 4 de xuño. Unha excelente ocasión para achegarse ata a capital da comarca do Deza e desfrutar dun día festeiro e musiqueiro.

Aínda que no cartel anunciador do acto mencionan a Fran Amil e o seu espectáculo “Popsía”, o repertorio que interpretará Fran na Praza da Igrexa, ás 19:00 horas, será o de Chuches Amil. A mellor fórmula para pasalo ben: bailar e cantar as cancións máis marchosas do rock e pop galego. Unha fartura de boa música comparable á máis divertida aventura. Unha colección de cancións para encher a cabeciña da nosa rapazada de palabras para enredar e música para non esquecer. Agardamos por vós. Bulide, insensat@s!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto