Novas

Chuches Amil no magosto da Ínsua dos Poetas

No fabuloso e insólito espazo chamado Ínsua dos Poetas vaise celebrar un magosto saboroso e espectacular. Será o domingo 14 de novembro, en A Esgueva, Madarnás, a só cinco kilómetros de Carballiño (Ourense). E contará coa presenza de Chuches Amil con toda a banda. Un luxazo que non deberedes de perder!!!

Unha tarde moi completa. Un magosto con chourizos, castañas asadas, pan, bica e bebidas, con marabillosas actuacións musicais: Chuches Amil, Antonio Luz, e Grupo Tokaide. Todo estará amenizado por DJ Tibu, e haberá hinchable e lote de libros. Unha festa con entrada libre, na que o único requisito é pasalo ben.

E de paso poderemos alucinar co espazo onde se fará o magosto: un bosque que está ateigado de monumentos en homenaxe á palabra galega na pel de poetas senlleiros: Rosalía de Castro, Antón Tovar, Xosé María Díaz Castro, Dora e Pura Vázquez, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor e moitos outros que cómpre descubrir na nosa visita. De certo que a Ínsúa dos Poetas haberá de se converter nun lugar habitual das nosas excursións.

Un espazo que lle debemos a outro grande poeta do noso tempo: Luís González Tosar.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto